viernes, 17 de mayo de 2013

Terra - Luar na lubre

A túa hora é ésta: colle a fouce, meu pobo, ergue a testa, protesta e dempóis mata ó lobo. 
Celso Emilio Ferreiro

Galiza soio mercerá respeto cando abandoemos a nosa mansedume, despois de saber o que fomos, o que deixamos de ser e o que seríamos con vida independente. 
Alfonso R. Castelao


Ainda hoxe queda xente que sabe sentir a terra,
queda ainda quen comprende canto pode aprender dela.
Que non existe o silencio, todo está cheo de sons.
Canta o río, brúa o vento, todo fala ao teu redor.
I é preciso que entendas o que intues no interior.
Somos parte desta terra porque terra somos nós.
Somos coma o vento que peitea a herba,
gardando os segredos dos confins da terra.
Somos como as pedras que o tempo moldea,
envoltas nas neboas dos confíns da terra.
Somos coma o lume que da luz nas tebras,
i esperta as concencias dos confins da terra.