sábado, 21 de agosto de 2010

"A Marquesiña"

Chámanlle a "Marquesiña" e os seus peíños endexamais se calzaron. Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a "Marquesiña". Non foi á escola por non ter chambra que pór e chámanlle a "Marquesiña". Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre e chámanlle a "Marquesiña". A súa nai é tan probe que traballa de xornal ...eira na casa do Marqués. ¡E aínda lle chaman a "Marquesiña"!

Cousas - Castelao