jueves, 26 de agosto de 2010

A tea da araña


Unha arañita moi arañeira tece que tece na tecedeira, traballou con tesón pero nun día fixo un mantón. Cansa, moi cansa de traballar na mecedora sentouse a mirar.
Chegou daquela a bolboreta, namorada e algo coqueta: -este mantón hei levar se vou a voda do meu curmán. Deseguida o quixo probar quedando presa de pés e mans.
Foille acudir a cascuda,  cando a oíu pedindo axuda, amosando moita tenrura, e quedou presa por barriguda!
Veu axiña o tabán bicho malo e lacazán, o seu bico chantou  e co cú para arriba  preso quedou!
Pouco a pouco chegou a xoaniña co traxe de luares e algo velliña. Sen darse conta alí pisou e coma todos presa quedou!
Veu teresa a parraguesa cunha saia verde e tesa, guapa coma unha marquesa, e alí tamén quedou presa
Leda estaba dona chicharra cantaba e tocaba a súa guitarra. Emocionada coa canción sin sabelo pisou o mantón e coma todos presa quedou!
Dona formiga a traballar corre moito e sen parar sentada no manto quixo merendar e presa quedou coma os demais
A abella Isabel nos beizos levaba mel unha migalla dou á chicharra e coma ela quedou pegada!.
Andaba o grilo a pasear pensando que alí era o mar cando a auga quixo probar quedou preso coma os demais!
Veu daquela o escaravello con traxe a raias de cor amarelo moi atrevido e ousado vendo ó grilo quixo libralo pero nin con eso o logrou e coma todos preso quedou!.
O saltón xeneroso pensou salvalos a todos moi fachendoso un brinco pegou e coma todos preso quedou!.
Chega daquela don elefante, traxe de seda, moi elegante, co seu nariz, que é un trompón, rompeu axiña todo o mantón. ¡nun ris de vento a todos librou!.
A araña, arañiña, quedou sen nada  na súa cociña. Ela que moito ía xantar quedou sen nada para merendar.